_____________________________________________________________

Queda totalmente prohibida la reproducción parcial o total de las imágenes aquí contenidas. Ello supone la vulneración de la Ley y de la Constitución y podrá ser denunciado ante la Agencia Española de Protección de Datos.

La Asociación Hijos Que Esperan está formada por padres adoptantes de niños considerados con necesidades especiales, ayudados por el inestimable apoyo de personas ajenas al mundo de la adopción y que están sensibilizados con esta causa.



Tenemos un lugar para ti si así lo deseas. Leer más...

martes, 22 de mayo de 2012

Manaia - Charla/Coloquio “Adopción: As tres miradas”



 
O próximo SÁBADO 2 DE XUÑO ÁS 11:30 horas no salón de actos da Parroquia Cristo da Victoria (Rúa Baiona, 9) en Vigo Manaia organiza una charla/coloquio a a cargo de Iolanda Serrano Ávila, Chus Villegas e Catalina Ávila Baena

“Qué nos leva a adoptar? Qué leva a unha nai a entregar o seu fillo en adopción? Qué pensan disto os adoptados?” 

Ainda que dende MANAIA sabemos que estas cuestións teñen miles de respostas, tantas coma persoas nesas situacións hai no mundo, organizamos esta charla coa fin de darlle voz ás tres partes implicadas nunha adopción, o que se deu en chamar o triangulo adoptivo, non para ter unha resposta clara e concisa senón coa sana intención de tratar de entender o que ocorre detrás de tres historias concretas, indudablemente persoais e intrasferibles, sen xulgar e cunha mirada limpa de estereotipos.

IOLANDA SERRANO ÁVILA - Adoptada. Vicepresidenta de LA VOZ DE LOS ADOPTADOS. Vogal do Comité Executivo de CORA, Coord. de Asociacións en Defensa da Adopción e o Acollemento. Sicopedagoga. Iolanda atopou a sua familia de orixe e mantén contacto con ela.

CHUS VILLEGAS - Nai dun neno dado en adopción en 1971.

CATALINA ÁVILA BAENA - Nai adoptiva dende 1977. Ama de casa. "Visionaria, adiantada ao seu tempo, sensible á realidade adoptiva, e con moito sentido común e unha gran empatía" segundo palabras da sua filla Iolanda.

A entrada será de balde. Durante o acto haberá servizo de ludoteca. 

Ao remate da charla, como ven sendo habitual, os socios da asociación faremos un Xantar/Picnic, no mesmo local da charla, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar. Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando coas nosas tres convidadas coma moderadoras. Na tarde tamén teremos unha pequena charla para os nenos e nenas de MANAIA, 20 minútos, a cargo de Iolanda, a asistencia a esta charla é optativa e recomendamos que so asistan os nenos e nenas que os pais consideredes que están preparados para escoitar a historia dunha adoptada maior.

No hay comentarios:

Suscríbete a través de correo electrónico. Escribe tu direccion email: