O próximo
SÁBADO 2 DE XUÑO ÁS 11:30
horas no salón de actos da
Parroquia Cristo da
Victoria (Rúa Baiona, 9) en
Vigo
Manaia organiza una charla/coloquio a a cargo de Iolanda Serrano Ávila, Chus
Villegas e Catalina Ávila Baena
“Qué nos leva a adoptar? Qué leva a unha nai a
entregar o seu fillo en adopción? Qué pensan disto os adoptados?”
Ainda que dende MANAIA sabemos que estas cuestións teñen miles de respostas,
tantas coma persoas nesas situacións hai no mundo, organizamos esta charla coa
fin de darlle voz ás tres partes implicadas nunha adopción, o que se deu en
chamar o triangulo adoptivo, non para ter unha resposta clara e concisa senón
coa sana intención de tratar de entender o que ocorre detrás de tres historias
concretas, indudablemente persoais e intrasferibles, sen xulgar e cunha mirada
limpa de estereotipos.
IOLANDA SERRANO ÁVILA - Adoptada. Vicepresidenta
de
LA VOZ DE LOS ADOPTADOS.
Vogal do Comité Executivo de CORA, Coord. de Asociacións en Defensa da Adopción
e o Acollemento. Sicopedagoga. Iolanda atopou a sua familia de orixe e mantén
contacto con ela.
CHUS VILLEGAS - Nai dun neno dado en
adopción en 1971.
CATALINA ÁVILA BAENA - Nai adoptiva
dende 1977. Ama de casa. "Visionaria, adiantada ao seu tempo, sensible á
realidade adoptiva, e con moito sentido común e unha gran empatía" segundo
palabras da sua filla Iolanda.
A entrada será de balde. Durante o acto haberá
servizo de ludoteca.
Ao remate da charla, como ven sendo habitual, os socios da asociación faremos
un Xantar/Picnic, no mesmo local da charla, onde compartiremos os alimentos que
cada quen teña a ben levar. Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para
pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas
contando coas nosas tres convidadas coma moderadoras. Na tarde tamén teremos
unha pequena charla para os nenos e nenas de MANAIA, 20 minútos, a cargo de
Iolanda, a asistencia a esta charla é optativa e recomendamos que so asistan os
nenos e nenas que os pais consideredes que están preparados para escoitar a
historia dunha adoptada maior.